04 diciembre, 2007

Zona Vella



O Zona Vella Cf é un clube fundado en xuño do 2006 que o compoñen dous equipos:
o principal en Segunda Autonómica grupo 4 e o filial en Terceira Autonómica grupo 11.

A Xunta directiva está formada por:

Xoan Costoya .................... presidente
Lois Rosende ..................... vicepresidente
Ismael Devesa .................... secretario
Inacio Touriño ................... tesoreiro
Gabriel Rey ........................ vocal


Tras un primeiro ano de asentamento da plantilla o clube no seu segundo ano dende a súa fundación conseguiu o tan desexado ascenso a 2ª Autonomica, quedando ás portas de conseguir a copa do Concello de Santiago quedando subcampións.

Neste terceiro ano da historia do clube pretendemos seguir loitando por un futuro prometedor, intentando conseguir os primeiros postos da clasificación.
Para elo nesta tempada 08/09 o Zona Vella inscribiu un segundo equipo para seguir forxando os valores de que a unión fai a forza e incrementa a plantilla en nove fichaxes para facer frente a una campaña complicada que afrontaremos todos xuntos.

Debido as escasas subvencións das que dispoñen os equipos de futbol modestos, outro ano máis dependemos das aportacións dos patrocinadores e dos nosos socios para cubrir o orzamento e conseguir así que o Zona Vella CF sexa una realidade duradeira.

Atentamente a directiva do Zona Vella.