26 octubre, 2009

A Gracia 2-1 Zona Vella

Esta semana tendremos que hacer la cronica entre todos y poner aqui que fue lo que paso este domingo ...

Para abrir el tema os dejo aqui la cronica de nuestro rival para que veamos como se vivio el partido desde el otro lado.

Fuente: Pagina WEB de A GRACIA

Partido disputado nunha aunténtica lameira, dominado por A Gracia en gran parte do encontro. O partido rematou con sufrimento tras 7 minutos de tempo engadido.
A primeira metade comezou con dominio de A Gracia, controlando o balón e xogando ao toque dentro do que o estado do campo permitía. Teira dispuxo a Óscar en portería; Luis, Juanma, Isaac e Miguel en defensa; Damián e Souto no medio; Pichi e Carlos nas bandas; e Iván e Coufe como homes máis adiantados. Xogar nestas condicións facíase moi duro, pero os nosos que estaban moi motivados tra-la contundente victoria da semana pasada, saíron con esa mentalidade gañadora. O colexiado non era precisamente dos mellores, permitindo excesivamente o xogo duro e o contacto, e abusando tamén excesivamente das tarxetas (11 en total). O que se negou a pitar foron penaltis. Nunha boa xogada dos nosos, Iván internase na área contraria e xunto cando estaba a punto de diparar é derribado polo defensa sen que o árbitro vise nada sancionable. Pese a isto os nosos seguían dominando, salvo algún que outro arreón rival. Así pois xusto antes do descanso sería o propio Iván que lograría o 1-0 grazas a un gran lanzamento que o porteiro do Zona Vella non sería quen de atallar. Así chegaríamos ao descando, con boas sensacións.
Na segunda metade máis do mesmo, continuarían os mesmos once que comezaran o encontro. Manteríamos o dominio, e chegaría o gol de Souto poñendo xa distancia no marcador, 2-0. Eran os peores minutos do rival, ao que lle custou repoñerse. Teira comezaría a ir movendo banquillo, cambiando a Juanma e Pichi por Kasty e José Manuel. O Zona Vella tamén moveu o seu banquillo tentando meterse no encontro. Pouco a pouco forono conseguindo, a tranquilidade que dá un 2-0 deunos algún susto. O Zona Vella foi quen de recurtar distancias, 2-1 que ao final sería definitivo. O partido entrou nunha dinámica de xogo duro, que non lle facía ben a ningún de ambos equipos. Coufe sufre unha entrada que lle recrimina ao rival, o árbitro toma a mala decisión de mostrar cartón vermello a ambos xogadores. Entrarían tamén Seve, Raúl e Novais por Souto, Iván e Carlos. Os últimos minutos serían de moito sufrimento, o Zona Vella apretaba buscando salvar un punto, pouco a pouco os nosos se estaban pechando atrás. Ao chegar aos 90 reglamentarios o colexiado avisa que engadirá 5 minutos máis. O sufrimento foi moito, xa que os nosos estaban case sen folgos, ainda así Raúl tendría algunha ocasión de sentenciar. Finalmente no minuto 97, o colexiado pitaría o final dun encontro que tivemos controlado os 60 primeiros minutos, pero que nos complicamos a vida nos últimos 30.
Ainda así, o resultado foi xusto, 12 puntos na clasificación e achegándonos a postos máis mornos na táboa.

FICHA DO ENCONTRO:
2 - A Gracia: Óscar, Juanma, Isaac, Miguel, Luis, Damián, Pichi, Souto, Iván, Carlos e Coufe. Tamén xogaron: José Manuel, Kasty, Novais, Raúl e Seve.
1 - Zona Vella: Iván, Isma, Adrián, Óscar, Miguel, Marcos, Tato, Diego, Benjamín, Marco e Mario. Tamén xogaron: Cristian, Alberto, Roberto e Javier.
Árbitro: Castro Carbia, Claudio (Delegación: Boiro). Amonestou con cartón amarelo a Miguel (min. 34), Iván (min. 53), Damián (min. 70), Souto (min. 72) e Novais (min. 90) por A Gracia; a Mario (min. 73), Alberto (min.78), Benjamín (min. 80) e Marcos (min. 85) por o Zona Vella. Expulsou con cartón vermello directo a Coufe (min.80) por A Gracia e a Benjamín (min.80) por o Zona Vella.
Incidencias: Partido disputado no campo de A Sionlla ante unhas 50 persoas. Terreo de xogo en malísimas condicións.

3 comentarios:

  1. el enlace está mal, debe ser este:

    www.agraciacf.orgfree.com


    saludos

    ResponderEliminar
  2. buenas xavales desde aki os dejo q por este año se me acabo la temporada las lesiones no me respetaron y parace q se cebaron conmigo bueno desearos lo mejor para lo q os keda de temporada q sabemos y sabeis q tenemos ekipo para estar entre los tres primeros y conseguir el tal deseado ascenso a 2ªregional otra vez espero recuperarme lo mas antes posible para estar con vosotros otra vez dando guerra. Tambien kisiera decir q este año y medio para mi fue el mejor porke esto no es un ekipo es una piña y esto cando fiche ya me lo dijeran y es verdad xq a mi solo me llevo dos entrenamientos alomejor ni eso integrarme al grupo desde luego q en otro ekipo no lo pase tambien como en este bueno xavales animo y surte un saludo de vuestro portero y espero estar lo antes posible con vosotros otra vez pero lo primero q pienso es recuperarme lo mas pronto para volver a saltar con la camiseta del zona vella aun terreno de juego saludos y aupa ZV
    P.D:respondo a preguntas jeje

    ResponderEliminar